19 Outubro 2018

O pasado martes, aproveitando que era o día mundial da alimentación, abrimos a  nosa biblioteca escolar. Gracias as profes María e Maribel gozamos dun  ratiño ben divertido no que os pequen@s coñeceron cal será o proxecto no que traballaremos este curso: "SEMENTANDO SAÚDE".
Ademáis de desfrutar dun conto, dun baile e dunha infusión, tamén comezaron a viaxar as mochilas viaxeiras...agardamos que vos gusten!!