24 Maio 2018

Exposición de arte

Durante o mes de maio estamos desfrutando no colexio dunha estupenda exposición de arte. Os compañeiros e compañeiras do CEIP Chans-Bembrive prepararon coas súas mestras unha selección de obras de pintura, cun dossier con información sobre elas, e códigos qr para ampliar coñecementos.
A coordinadora da nosa biblioteca fixo unha pequena selección dos libros de arte da nosa biblioteca para acompañar a esta exposición.

Ademáis de desfrutar delas cando pasamos polo corredor para ir á biblioteca, inglés, ás aulas,... tamén adicamos ás horas de ler para visitar este pequeno museo.


Graciñas aos rapaces e rapazas do CEIP Chans-Bembrive polo seu traballo e xenerosidade!!!