31 Xaneiro 2018

Onte celebramos o "O día Escolar da non violencia e da paz". Un día no que toca facer memoria e lembrar que o diálogo e a tolerancia contribúen á convivencia.  Para conmemoralo cantamos tod@s xuntos no patio a canción "PAZ, PAZ, PAZ" de Juanes.

Seguindo co Proxecto "Novas do Século XX", aproveitamos para descubrir cal eran os xogos favoritos dos nenos e nenas daquela época. Pásomolo moi ben xogando o "pase misi, pase misa"; "huevo, pico, araña"; "la sillita de la reina"...

Ademáis, puidemos visitar na Biblioteca unha exposición realizada polo alumnado de 5º de E.P. sobre a historia de Sadako Sasaki e as mil grullas de origami.

Premendo na imaxe poderedes ver máis imaxes.