08 Marzo 2017

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

En 1977 a Asamblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) proclamou o día 8 de marzo como Día Internacional polos Dereitos da Muller e da Paz Internacional. 

Aproveitamos esta xornada para reivindicar máis medidas contra a discriminación e a favor da igualdade e tamén recoñecer o papel clave que xogaron as mulleres ó longo da historia. Cada aula investigou sobre unha muller destacada nacida no país que están a estudar. O resultado podedes velo no seguinte video.