12 de febreiro



Aínda que a nosa biblioteca está pechada, no cole seguimos desfrutando cos libros e contos: as bibliotecas de aula teñen seleccionados os máis axeitados para cada clase, seguimos facendo "a hora de ler",... e  esta semana as máis pequenas e pequenos tivemos unha estupenda sorpresa: unha maleta chea de cómics!!!!!!

Trátase dun préstamo do CEFORE  de Vigo, e nós estamos encantados... e como non pode estar na bibloteca, metímola no noso "carriño viaxeiro" para compartir os cómics polas aulas de Infantil.