30 Novembro 2016


Ola familias!!
Un ano máis queremos compartir con vós un recuncho da nosa biblioteca, para que tamén os maiores gocedes dos bos momentos que nos ofrecen sempre os libros.

Poñemos en marcha este pequeno espazo de préstamo, tendo en conta que debedes coñecer as seguintes normas:

-Para levar un libro en préstamo debedes facer vós mesmos un rexistro do mesmo (na táboa de rexistro que tedes xunto aos libros).

-O tempo de préstamo é dun mes como máximo.

-Podedes colaborar co recuncho, deixando libros para intercambiar cos outros pais e nais. é importante que marquedes co voso nome o libro para identificalo, e así poder devolvelos cando remate o curso.

Graciñas pola vosa colaboración e agardamos que desfrutedes desta nova actividade!!