SEMANA DO LIBRO
Dende o día 18 ata o 22 de abril no colexio realizamos actividades para recordar e festexar o "Día do Libro". Trátabase de que todas e todos tiveramos momentos para compartir e desfrutar da lectura, buscando espazos diferentes aos habituais, lectoras e lectores distintos aos de outras "horas de ler" e conseguindo así momentos tan fantásticos como os que podedes ver nas seguintes fotografías....
Luns: "Madriñas e padriños de contos"
As rapazas e rapaces de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria foron uns estupendos "madriñas e padriños" para as nenas e nenos máis pequenos do colexio (Infantil e 1º de Primaria).
Martes: As profes cambian de clase.
Durante a "hora de ler" as mestras do colexio cambiaron aos seus alumnos habituais en esta sesión por os de outros grupos, o que resultou moi agradable para todas e todos.
Mércores: Lecturas ao sol.
Aproveitamos a boa mañá que tivemos o mércores para sacar os nosos contos e libros ao patio... Algúns decidiron facer lecturas individuais e outros fixeron unha lectura colectiva dirixida pola súa mestra.
Xoves: Lemos poemas de Manuel María.
Adicamos o xoves a coñecer a figura do poeta ao que se lle vai a adicar o día das Letras Galegas 2016. Así todos podemos coñecer e desfrutar das preciosas poesías que nos deixou Manuel María.
Venres: As nais e pais tamén contan.
O último día desta semana extraordinaria contamos con "contadores" moi especiais para as rapazas e rapaces: Algunhas das nais e pais do colexio!!! Agradecemos a súa colaboración e a ilusión e cariño que puseron na lectura dos seus contos.

-----------------------------------------------------------