GRAN INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA!!!!!!


O venres, 23 de outubro, celebramos a GRAN INAUGURACIÓN da nosa biblioteca. Aproveitando que o 24 de outubro é o día das Bibliotecas (entre elas as Bibliotecas Escolares), non podiamos deixar escapar esta data tan importante para por en marcha a do noso centro.

Para festexar o día leváronse a cabo unha serie de actividades:

1. Visita da pregoneira do centro (axudante de biblioteca de 6º) por tódalas clases na compaña da nosa mascota a Xoaniña (moi ben disfrazada de cabaza), para anunciar a gran festa de inauguración.

2. Contacontos por parte de compañeiros de 5º (axudantes da biblio) de contos para Infantil e 1º e 2º de Primaria. Lectura de relatos de terror para 3º e 4º e para 5º e 6º.

3. Creación dun mural que estará situado na entrada da biblioteca, onde cada neno e mestre do centro deixará pegado o seu nome baixo o título "O IMPORTANTE SOMOS NÓS". Con esta actividade tratamos de transmitirlle aos nenos que o importante das bibliotecas non son nin os libros nin as actividades que se poidan facer nelas, senón que o máis importante somos todas e todos os que lle damos vida, é dicir, o IMPORTANTE SOMOS NÓS.

4. Entrega das MOCHILAS VIAXEIRAS, cargadiñás dunha gran cantidade de novidades e sorpresas...