Na nosa biblioteca escolar queremos que as familias tamén sexan protagonistas. Por iso, creamos a sección "Bibliofamily", un servizo de préstamo pensado especialmente para vós.
Neste recuncho poderedes atopar unha gran variedade de lecturas:
- Narrativa actual.
- Teatro e poesía.
- Libros de divulgación sobre crianza.
- Manuais de educación.
Animádevos a vir! A biblioteca do cole é un espazo aberto a toda a comunidade. Pasade, botade un ollo e levade en préstamo os libros que máis vos gusten. Agardámosvos!
