AS MOCHILAS VIAXEIRAS XA ESTÁN DE VOLTA ...

Misión cumprida! Volven as mochilas viaxeiras
Despois de todo un curso pasando de casa en casa, as nosas mochilas viaxeiras regresaron á biblioteca escolar.
Este ano cargáronse de momentos inesquecibles:
  • Lecturas compartidas en familia.
  • Mochilas cheas de maxia e aventuras.
  • Sorrisos e aprendizaxes en cada fogar.
  • Historias vividas polas nosas crianzas.
Queremos dar grazas de corazón a todas as familias por coidalas e formar parte desta gran viaxe literaria. Grazas por facer da lectura un hábito compartido!