DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.


Un día perfecto para a entrega das mochilas viaxeiras do noso alumnado e familias. Unha chea de historias emocionantes que vos levarán por mundos incribles en compañía dos vosos fillos e fillas.

Fai a túa aportación mandándonos recomendacións lectoras e libros para soñar xuntos.



Ademais da entrega das mochilas viaxeiras por parte da coordinadora de biblioteca, o alumnado voluntario de 6º de primaria davos a benvida e da por inaugurada a biblioteca a toda a Comunidade Educativa.