DÍA DAS ESCRITORAS GALEGAS.

 17 de outubro: DÍA DAS ESCRITORAS GALEGAS.


O alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria traballaron as escritoras galegas da nosa biblioteca, que despois dun mes intenso mergullándose na vida destas marabillosas escritoras, prepararon uns xogos para o alumnado dos cursos superiores, onde a través de preguntas e busca de pistas tiñan que conseguir atopar os libros e fotos das portadas para colocar no sitio correspondente a cada escritora.

Cunha breve explicación da vida e obra de cada unha deron comezo ós xogos na biblioteca, que continuaron polos corredores e nos distintos andares do colexio.

Unha celebración por todo o alto, que non rematou ata que os máis pequechos subiron a desfrutar dunha gincana con xogos distribuidos polos distintos recunchos da biblioteca.