BIBLIOTECA CREATIVA.

 ESPAZOS CREATIVOS NOS RELANZOS E PATIOS.

Neste curso iniciámonos na Libre Circulación, espazos creativos nos relanzos, obradoiros de costura e maquetería... A rapazada do CEIP Plurilingüe Santa Mariña dispón dunha variedade de recunchos para ler, xogar e aprender xuntos en grupos de idades diferentes.
         

O Gabinete de Psicoloxía "A Carón"  foi o encargado de levar a cabo o obradoiro de "BO TRATO", con Legos, para o alumnado de 3º e 4º de primaria.     

CORO NO CEIP PLURILINGÜE SANTA MARIÑA.

 INICIACIÓN Ó CORO.

No 2º trimestre comezou unha nova andadura no CEIP Plurilingüe Santa Mariña, un coro formado por alumnado de 2º a 6º de primaria. Para elo, a rapazada tivo que pasar por un xurado de GOT TALENT formado por profesorado especialista e música.
Despois de dous trimestres ensaiando conseguiron o seu soño de cantar en público, e para elo, viaxaron a Moaña en barco.

Unha mañá chea de ilusión e satisfacción que rematou cun agradable sorriso nas súas caras.



PROXECTO DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

 AGRUPACIÓNS CENTROS.

Un proxecto que sae do equipo de Biblioteca e Dinamización Lingüística, para dar a coñecer a nosa Comunidade (a través do PDI "GALICIA SOMOS NÓS") e metodoloxía de centro a outros colexios de España.

O blog chámase UniKids Santa Mariña e nel podedes ver todo o que facemos ó longo destos 2 anos.

Tedes o enlace no lado esquerdo deste blog ou facendo clic no enlace que está debaixo da foto.



OBRADOIRO BO TRATO CON PEZAS LEGO.

 PEZAS LEGO, BO TRATO E ALUMNADO.

Obradoiro de LEGOS para o alumnado de 3º e 4º de primaria. Nel traballamos o bo trato e o benestar que nos produce cando alguén do noso arredor nos fai sentir felicidade, tranquilidade, positivismo, cariño...
Por outra banda, o alumnado tiña que representar coas pezas, situacións nas que elas e eles eran as persoas que cos seus xestos e compañía facían sentir ben ós outros.


https://www.instagram.com/p/C7aaxPWC1c2/

OBRADOIROS CON FAMILIAS.

 ESCOLA DE FAMILIAS.






















SAÍDA A RADIO VIGO.

 O ALUMNADO SEGUE FORMÁNDOSE EN RADIO.

O alumnado de 5º de primaria foi visitar Radio Vigo para continuar coa súa formación de radio.

Por unha banda tiveron formación  como técnicos, nas instalacións de radio do noso centro e por outra banda, formación como locutores en Radio Vigo.