...LIBROS SOBRE EMOCIÓNS!!!
HOXE ABRIMOS AS PORTAS DA BIBLIOTECA DO NOSO CENTRO E SACAMOS AOS CORREDORES UNHA XOIA QUE ESTÁ A DISPOSICIÓN DE TODO O ALUMNADO. TRÁTASE DUNHA COIDADE E COLORIDA COLECCIÓN DE LIBROS CENTRADA NA EDUCACIÓN EMOCIONAL.
A TRAVÉS DESTAS PÁXINAS, OS NENOS E NENAS PODERÁN EXPLORAR O QUE SENTEN, POÑERLLE NOVE AS SÚAS EMOCIÓNS E APRENDER A XESTIONALAS NO SEU DÍA A DÍA.
QUE VAN APRENDER CON ESTES LIBROS?
- A recoñecer o que sentimos: Saber que nos pasa cando nos late o corazón forte ou cando queremos chorar.
- A empatía: Poñernos no lugar dos nosos compañeiros e comprender as súas emocións.
- A xestión do conflito: Aprender a respirar e a falar antes de actuar cando estamos enfadados.
- A autoestima: Valorarnos tal e como somos e confiar nas nosas capacidades.
