QUEDADA NOCTURNA LITERARIA!!

Os nenos e nenas de 6º dos clubs de lectura viviron unha inesquecible quedada nocturna na biblioteca do centro, consolidando o noso orgullo de ser un cole de grandes lectores. Entre sacos de durmir, ceas e almorzos compartidos, o espazo encheuse de complicidade, xogos literarios e moita maxia. A actividade estrela consistiu en escoller e agochar o seu libro favorito da biblioteca para, despois, ler un fragmento desde o corredor mentres os demais, reunidos dentro da biblio, debíamos adiviñar o título. Esta dinámica non só lles fascinou, senón que demostrou os enormes beneficios da lectura en grupo, resultando unha experiencia altamente enriquecedora que reforzou o seu amor polos libros e o traballo en equipo.