APADRINAMENTOS E AMADRINAMENTOS LECTORES

O apadriñamento e amadriñamento lector é unha actividade educativa onde os noso alumnado dos cursos superiores (os maiores do colexio) comparte momentos de lectura con nenos e nenas de cursos inferiores (os máis pequenos). Esta fermosa iniciativa convértese nun espazo de aprendizaxe mutua e convivencia a través dos libros.
Beneficios para os máis pequenos (Afillados/as)
  • Aumento da motivación: Ver aos maiores ler con entusiasmo esperta o seu interese polos libros.
  • Mellora da comprensión: Escoitar modelos lectores axúdalles a entender mellor as historias.
  • Seguridade e confianza: Sentirse escoitados por un compañeiro maior reforza a súa autoestima.
Beneficios para os máis maiores (Padrinos/Madriñas)
  • Desenvolvemento da responsabilidade: Asumen o compromiso de coidar e guiar a un neno máis pequeno.
  • Mellora da fluidez lectora: Preparar as lecturas esixe que practiquen a entoación, a pronuncia e o ritmo.
  • Empatía e paciencia: Aprenden a adaptar o seu ritmo ás necesidades e idades dos seus afellados.
Beneficios para o centro escolar
  • Mellora da convivencia: Crea vínculos afectivos positivos entre diferentes idades e reduce os conflitos no patio.
  • Fomento da cultura lectora: Transforma a lectura nun acto social, compartido e divertido dentro do colexio.