INICIACIÓN Ó CORO.
No 2º trimestre comezou unha nova andadura no CEIP Plurilingüe Santa Mariña, un coro formado por alumnado de 2º a 6º de primaria. Para elo, a rapazada tivo que pasar por un xurado de GOT TALENT formado por profesorado especialista e música.
Despois de dous trimestres ensaiando conseguiron o seu soño de cantar en público, e para elo, viaxaron a Moaña en barco.
Unha mañá chea de ilusión e satisfacción que rematou cun agradable sorriso nas súas caras.