OS MAIOS.

 OS MAIOS: 3 DE MAIO DE 2024.

Festividade típica de Galicia que celebramos o 3 de maio no CEIP Plurilingüe Santa Mariña. O alumnado e profesorado ese día veu vestido de branco cun sombreiro de palla para celebrar a entrada á primavera.

Para elo, o alumnado fixo unha saída ó monte para recoller fiuncho, pampullos, calas..., adornando a estructura con flores e vexetais típicos desta época.

A ANPA organizou obradoiros coas familias, mestres e alumnado para participar na elaboración do noso Maio.

O venres 3 de maio baixo a música dun gaiteiro e unha pandereiteira subimos o Maio o patio exterior, onde bailamos e cantamos coplas. Unha mañá de festa, recuperando unha festividade típica da nosa Comunidade.