25N DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

 25N - DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

O 25 de novembro realizamos algunhas actividades para conmemorar o día da eliminación da violencia contra a muller e o mes da Ciencia. O Abecedario contra a Violencia de Xénero, lecturas recomendadas dende a biblioteca, exposición da biografía de Mulleres Científicas, lazos morados colgados das mochilas e o visionado do vídeo da canción Matriarcas de Guadi Galego realizada coa axuda da comunidade educativa. Xuntos somos máis fortes. Grazas pola vosa participación.


Grazas a colaboración das familias, alumnado e profesorado poidemos grabar o vídeo de Matriarcas de Guadi Galego. A vosa participación foi moi importante para toda a comunidade educativa e sobre todo para as nenas e nenos do noso colexio, que con ilusión e moita emoción visionaron o vídeo xuntas/os na biblioteca do centro.

                             MOITAS GRAZAS POR TODO.

        https://www.instagram.com/p/C0KOLoWs2q_/?img_index=2