CREACIÓN DE ESPAZOS EN DISTINTAS ZONAS DO CENTRO.

 ESPAZOS LECTORES E DE XOGO NOS RELANZOS DAS ESCALEIRAS.

A biblioteca faisenos pequena! Os peques están cada vez con máis ganas de vir a xogar, ler, escoitar música e de pasar un rato agradable na biblioteca do noso centro, polo que decidimos alongala o máximo posible creando espazos nos relanzos das escaleiras.

Neles teñen recunchos de xogos (xadrez, Legos, xogos de mesa...) e tamén poden desfrutar dunha boa lectura nos espazos habilitados por distintos recunchos do centro.