FAMILIAS QUE CONTAN HISTORIAS.

 NON DEIXES DE CONTARME UN CONTO.

Comenzaron os contacontos familiares en Educación Infantil. 

Unha mamá, un papá, unha avoa, un avó, quizais unha tía ou un curmán, todas e todos están invitadas/os a contar un conto, un poema, unha historia..., ós máis peques do noso colexio.

Moitas grazas a todas as familias que están a participar nesta actividade, que conseguen os mellores sorrisos das pequechas e pequechos.



Contacontos en lingua de signos.




HISTORIAS PARA CONTAR.
Unha historia, unha experiencia. Grazas por vir a contala.