23 de abril-Día do Libro.

 DÍA DO LIBRO.

O 23 de abril celebramos o Día do Libro cos apadriñamentos lectores: un bo conto, un marcapáxinas, un espazo especial e unha afillada ou afillado disposto a escoitar.

O alumnado de 3º a 6º de primaria elexiron un conto que prepararon con moito agarimo para que as súas afilladas e afillados desfrutasen dun momento único.