LIBRE CIRCULACIÓN: NOVO PROXECTO DE CENTRO.

 LIBRE CIRCULACIÓN OS VENRES ÁS ÚLTIMAS 2 HORAS.

Neste curso, comezamos unha nova andadura no noso proxecto de centro cara unha metodoloxía activa onde as nenas e os nenos son os principais protagonistas das súas aprendizaxes.


Cada venres realizamos dúas horas de Libre Circulación, onde o alumnado elixe aquel obradoiro onde quere estar. Os obradoiros son coordinados por todo o profesorado do centro e o alumnado deberá pasar, ó finalizar o trimestre, por todos eles.

Os grupos fórmanse con alumnado de E.I. e 1º de primaria e por outra banda alumnado de 2º a 6º de primaria, mesturando as distintas nenas e nenos de todas as idades. En cada obradoiro ofrécense distintas propostas con distintos niveis de dificultade e será o alumnado quen elixa a proposta.

Os obradoiros que se propoñen cada semana, son:

1.     Troula que troula: trabállanse as festividades e celebracións: magosto, samaín, Nadal, entroido, 8 M, Día do Libro, Letras Galegas... Neste obradoiro faixe uso de material funxible como pinturas, ceras... e ordenadores para facer as presentacións das festividades en aplicacións como Canva.

2.     Lingualario: trabállase a ampliación de vocabulario de forma manipulativa: dicionario manipulativo, camisolas co debuxo e palabras da arquitectura, animais, plantas... de Galicia.

3.     Art: arte galega a través da pintura.

4.     Gastronomía: cociña de receitas de produtos galegos e da horta: filloas, ensalada, polbo, mexilóns...

5.     Folcklore: música galega a través de cancións e instrumentos musicais como as cunchas, gaitas, pandeiretas...

6.     Xogos tradicionais: xogos como a petanca, a busaina, o pincho...

7.  Carpintería e marquetería: bancos de madeira para os recunchos de lectura, percheiros, árbores de Nadal feitos con madeira, hórreos, pazos... Utilización de madeira para a realización deste obradoiro

8.     Entre fíos anda o conto: costura, calceta e punto de cruz.

https://www.instagram.com/p/CyOcbchNdqe/?img_index=1

https://www.instagram.com/p/CzCjIcksu4v/

https://www.instagram.com/p/CyprcCXtKYG/