CELEBRAMOS O DÍA DO TEATRO

 O 27 de marzo é o Día do Teatro. No Santa Mariña encántanos desenvolver todo tipo de actividades de animación á lectura, e por suposto, non podiamos deixar pasar unha data tan sinalada. O alumnado de 5º de educación primaria, preparou para @s seus compis de infantil e 1º e 2º un teatro de sombras chinesas no que se representaba unha adaptación do conto tradicional "Os tres porqueros". Son tan artistas @s nos@s nen@s, que ata a música do teatro foi composta por un deles... Da gusto traballar con estes nen@s....!!!!