ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO

 Durante a semana do 22 de abril, no noso colexio, levamos a cabo un montón de actividades para celebrar o Día do Libro. Aquí tedes unha pequena escolma...

1ª CANAPÉS LECTORES: Tod@s @s nos@s nen@s do cole, puideron gozar dun pequeno refrixerio. Tratouse dunhas pequenas magdaleniñas que traían unha adiviña. Antes de poder comelas, tiñamos que resolver a adiviña ...


2ª CADÁVERES EXQUISITOS: esta actividade de animación á lectura consiste en que o alumnado, en pequenos grupos e cun folio en branco escribirán un conto. Cada nen@ escribirá tres liñas e dobrará o folio para que @ seguinte membro do equipo só poida ler a última frase. Así pasaranse o folio, ata que tod@s escriban a súa parte. O resultado, contos incribles e moi moi creativos...

3ª KARUTA: XOGO DE LECTURA XAPONÉS: trátase dun xogo de cartas que consiste en escoller a carta axeitada antes de que outro xogador o faga. Hai dous tipos de cartas: YOMIFUDA (cartas de lectura, comezo dos refráns) e as TORIFUDA (cartas de mesa, finais dos refráns). Sepáranse os dous tipos de cartas. Os torifuda póñense boca arriba sobre a mesa e os yomifuda barállanse e vanse lendo. O obxectivo é localizar o torifuda e collelo antes que o fagan os membros do outro equipo. Gañará o equipo que máis refráns consiga encaixar.


 4ª EXPRÉSA-T: No Patio de Moncho creamos un gran mural cunha pregunta: QUE É UN LIBRO PARA TI? Tod@s @s nos@s nen@s pegarán un papeliño no que expresen a súa opinión sobre dita pregunta. Poderán ser vivencias, emocións, recordos, debuxos, ... o resultado, simplemente IMPACTANTE...


5ª WORLD BOOK DAY: no noso cole tamén traballamos o Día do Libro desde Lingua Inglesa. Entre outras actividades: unir títulos con imaxes por equipos no patio, buscar os autores nos libros, unir os títulos coa sinopse, choiva de ideas sobre autores de fala inglesa, presentación por parte da nosa mestra americana sobre Roald Dahl, infografías lectoras, comecocos sobre hábitos lectores, ... Un sin fin de actividades lúdicas e interesantes!


6ª E TI, QUE MONSTRO VES SENDO?: esta foi a actividade estrela. @s nen@s tiñan que descifrar nunha táboa uns códigos para saber que tipo de monstro eran cada un del@s. Despois, tiñan que ilustralo e describilo. Finalmente, as descripcións leríanse en voz alta para @s compañeir@s...