2 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL E DÍA MUNDIAL DO AUTISMO!

 Desde o noso centro, e sendo conscientes da importancia que ten este día, propoñévosmos un reto: TINGUIR DE COR AZUL ese día elaborando MOLINETES. Cada un de vós, poderá elaborar un molinete azul e cando o teñades feito, sacar unha foto con el e enviala ao correo de bibliosantamariñacabral@gmail.com.Tamén podedes enviar un pequeno vídeo ensinando o molinete e transmitindo unha mensaxe para que este mundo sexa máis solidario.

A continuación, déixovos un enlace demostrativo de como facer un molinete:

Como lectura, recomendamos o seguinte libro:


Páginas del Diario de Simón é unha aproximación ao autismo a través dos ollos dun neno, que narra en primeira persoa, a súa vida escolar e a influenza dun compañeiros que lle moveu o seu mundo. Cóntanos a historia de Simón, un neno de Primaria que empeza un diario que comeza coa chegada á clase de Héctor un rapaz con autismo que rematará sendo o seu amigo inseparable.

Tamén podedes ler os seguintes libros, que teñen como obxectivo amosar as viviencias de nen@s con discapacidade a través das súas divertidas aventuras.

Se pinchades a fotografía, accederes ao enlace.