Festexamos as Letras Galegas.

Como xa sabedes nuns días celébrase o día das Letras Galegas e desde a Biblioteca queremos achegarvos a figura do homenaxeado deste ano, Ricardo Carvalho Calero, propoñéndovos un monton de actividades que podedes atopar na rede.

Para coñecer máis a súa figura podedes ver este tráiler sobre o autor:


Nesta páxina podedes consultar información e acceder a actividades sobre o autor ou tamén consultar a súa biografía.
Os máis pequenos poden coñecer a súa figura a través deste conto dos Bolechas.
Na páxina "Primavera das letras" tedes actividades, descargables, debuxos para colorear... bótadelle un ollo no seguinte enlace:
Se o voso é a música podedes escoitar a canción composta polo  músico quirogués Samuel Soto na que homenaxea a Ricardo Carvalho Calero nas vésperas do Día das Letras Galegas.
María Fumaça quixo animar á xente miúda a coñecer a poesía deste autor. Trátase dun sinxelo valse primaveral composto por Uxía sobre un fragmento recollido no seu libro "Reticências...".

Nesta páxina podedes atopar o conto, a música e actividades sobre o conto  As pitas baixo a choiva

E se vos animades a participar nun concurso tedes varias opcións:
-Certame infantil de Artes Plásticas (nen@s de 3 a 12 anos).
-Concurso literario de relato breve para nen@s de entre 7 e 12 anos.