Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:
"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"
Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!
Texto extraído da páxina oficial de Bibliotecas escolares de Galicia: